We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Zaqu​í​n

by Gancho Sanches

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €7 EUR  or more

     

  • Record/Vinyl + Digital Album

    · Vinilo negro de 12" e 140 gramos.
    · Carpeta de cartón de 300 gramos a toda cor.
    · Sobre interior ilustrado a toda cor con letras das cancións.

    Diseño gráfico por Agustina Shuan

    Includes unlimited streaming of Zaquín via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 5 days
    Purchasable with gift card

      €18 EUR

     

  • Compact Disc (CD) + Digital Album

    · Cartón formato Digisleeve de 2 corpos con libreto de 8 páxinas.
    · Contén letras das cancións e ilustracións.

    Deseño gráfico de Agustina Shuan.

    Includes unlimited streaming of Zaquín via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 5 days
    Purchasable with gift card

      €10 EUR

     

1.
Encontro 04:10
Sentade agardando polos seres doutras partes. Boas tardes. Pasade, é a vosa casa. Horas de silencio, só con mirarnos chega para comprendernos. Que ninguén prenda a luz ata a mañá que chega, será a derradeira. Un contounos que corren malos tempos para ser un pensador. Sufriremos a ira de quen non o é. Temos que saber certas cousas antes de seguir adiante. Que ninguén prenda a luz ata a mañá que chega, será a derradeira. Xa rematou a paz para os dous. É a hora de atopar a liberdade real. É a hora de esnaquizar a quen nos quere eliminar Xa rematou a paz.
2.
Estrela 03:30
No escuro a noite amedrentou a quen non agarda que a luz marche antes de deitarse. A onde irá esa estrela a parar? Hai un lado oculto, e hai quen habita ese lugar. Procuro manterme dentro do normal, que ninguén sospeite en min hai algo que vai mal. Palabras falsas, frases feitas para enganar. Orgullo para demostrar. No oculto do pensamento bailo a soas fuxindo co vento e queima na pel, máis non tiro o meu felo. Sabes que me fai ben esa estrela.
3.
Semella que arden as árbores, as aves. Baixo un ceo gris que cuspe, que chora. Quen puidera voar e acompañar ese lume a onde queira ir. Semella que afogan as casas, as pontes. Baixo un auga gris que cubre, que traga. Quen puidera habitar e acompañar ese mar a onde vaias ti. Semella que arden as árbores, e as aves. Semella que afogan as casas, e as pontes.
4.
Un coitelo atravesou o meu corpo, entre vermello floto. E ti miras apresurada buscas algo pra tapala. As estrelas eran o final agora a luz nova e cegadora. E unha vez alí eu recordei. Non sei disimular, dixen a verdade. Os lobos en min, as serpes en min xa poden saír son libres ó fin. E por segunda vez eu recordei Non sei disimular, dixen a verdade. Os lobos en min, o malo de min. Mentín dicindo que iría contigo ata a fin.
5.
Cinza 02:46
Aspiro a convertir nun suspiro de mañá olume que traguei esta noite ao soñar. Espirse e camiñar cos brazos cruzados, bágoas negras, ti esperta e mirando a ventá. Agardo co meu coitelo nos dentes, acorda na viga, o vermello nos lentes. Tremen as portas mentres caen os animais no incandescente chan. Desexo convertir nun suspiro de mañá o lume que tragou esta noite o fogar. Espirse e cavilar cos xeonllos mancados, Bágoas negras Ti esperta e mirando a ventá. Cos brazos magoados, Bágoas negras No escuro e quente chan.
6.
De seguida verán que arrincarán o ceo forzas do mal, forzas do ben. A cabalo entre a comedia e a estupidez, forzas do mal, forzas do mal. E no alto unha bandeira con dúas caras feita por cores do ben cores do ben Axitando unha botella con gritos de guerra Queimar Israel. Queimar Israel. Dende a praza verán no alto un salto ao baleiro. Brilábanlle as costas durante a caída. A mirada no horizonte, a fronte erguida, tomando o aire coma a copa de viño. E seguindo o exemplo do vento e os brazos movendo, un fermoso día un fermoso día. Apagar a rabia con pedras como arma de guerra. Queimar Israel Queimar Israel.
7.
Serpes 03:23
Agora é diferente, non é o mesmo, son ilóxicas as serpes. Mastigas as historias e cuspes os restos da memoria. Feridas que minguan pero o sangue corre agora igual que antes. Aquí ou onde sexa as aves voarán cara a outras partes. Respiras a calma que arde ea luz agoraé sombra. Inhalas correntes que te afastan da limpa claridade. Feridas que minguan pero o sangue corre agora igual que antes. Aquí ou onde sexa as aves voarán cara a outras partes.
8.
Néboa 02:36
Recordan as noites que xogaban pola rúa. Pasaron os anos como pedras, sen piedade. A cama agardaba mentres brillaba a lúa, xa non hai historias que contarse mutuamente. Lonxanos Adentro As ondas Os medos O mar sempre foi un amigo mentireiro, as ondas choraban e marchaban sempre rindo. Catro anos pasaros da partida do pesqueiro; as portas pechadas e a néboa pasenado. Lonxanos  Adentro As ondas Os medos
9.
Nas Veigas 04:03
Recién esperta saiu con gañas de primavera, pero ao fregar os ollos veu que só era unha mañá calquera. "Ensinareiche a maxia", dixo mirando pra min. E eu non puiden coa ansia, e iso foi o derradeiro que vin. A idea era descabelada, andar cos mesmos andares, buscar os limpos lugares e atopar esa pequena illa branca. Prados que non teñen fin, templos carentes de deidades... Bos e lonxanos aires. Recién esperta saiu con gañas de primavera, pero ao fregar os ollos veu que só era unha mañá calquera. "Ensinareiche a maxia", dixo mirando pra min... Pero perdina nas veigas... Perdina a ela tamén nas veigas.

credits

released February 12, 2020

Producido e autoeditado por Gancho
Sanches entre Marzo de 2019 e Xaneiro de
2020.

Cancións compostas por Gancho Sanches.
Letras escritas por Brais Sánchez.

Iván Olmedo: Baterías, teclados.
Matías Unruh: Guitarras, sintetizadores.
André Espiñeira: Guitarras, teclados e coros.
Brais Sánchez: Voces e guitarras.

Baterías gravadas por Arturo Vaquero en
Abrigueiro Estudios.
O resto dos instrumentos foron gravados nas
nosas casas e no local de ensaio.

Mesturado por Matías Unruh no seu home
studio de Poblenou (Barcelona).

Masterizado por Yves Rousell (Barcelona).

license

all rights reserved

tags

about

Gancho Sanches GA, Spain

Banda galega de psycho-folk. Formada por Brais Sánchez (guitarras e voz principal), Matías Unruh (guitarra eléctrica), Iván Olmedo (batería) e André Espiñeira (guitarras, sintes e coros).

contact / help

Contact Gancho Sanches

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Gancho Sanches, you may also like: