1. |
Encontro
04:10
|
|||
Sentade agardando
polos seres doutras partes.
Boas tardes.
Pasade, é a vosa casa.
Horas de silencio,
só con mirarnos
chega para comprendernos.
Que ninguén prenda a luz
ata a mañá que chega,
será a derradeira.
Un contounos que
corren malos tempos para ser un pensador.
Sufriremos a ira de quen non o é.
Temos que saber
certas cousas
antes de seguir adiante.
Que ninguén prenda a luz
ata a mañá que chega,
será a derradeira.
Xa rematou a paz para os dous.
É a hora de atopar a liberdade real.
É a hora de esnaquizar
a quen nos quere eliminar
Xa rematou a paz.
|
||||
2. |
Estrela
03:30
|
|||
No escuro
a noite amedrentou
a quen non agarda que a luz marche
antes de deitarse.
A onde irá esa estrela a parar?
Hai un lado oculto,
e hai quen habita ese lugar.
Procuro
manterme dentro do normal,
que ninguén sospeite
en min hai algo que vai mal.
Palabras falsas,
frases feitas para enganar.
Orgullo para demostrar.
No oculto do pensamento
bailo a soas fuxindo co vento
e queima na pel,
máis non tiro o meu felo.
Sabes que me fai ben
esa estrela.
|
||||
3. |
Onde vaias ti
03:14
|
|||
Semella que arden
as árbores, as aves.
Baixo un ceo gris
que cuspe, que chora.
Quen puidera voar e acompañar
ese lume a onde queira ir.
Semella que afogan
as casas, as pontes.
Baixo un auga gris
que cubre, que traga.
Quen puidera habitar
e acompañar ese mar a onde vaias ti.
Semella que arden
as árbores, e as aves.
Semella que afogan
as casas, e as pontes.
|
||||
4. |
En vermello floto
04:55
|
|||
Un coitelo atravesou o meu corpo,
entre vermello floto.
E ti miras apresurada
buscas algo pra tapala.
As estrelas eran o final
agora a luz nova e cegadora.
E unha vez alí eu recordei.
Non sei disimular, dixen a verdade.
Os lobos en min, as serpes en min
xa poden saír son libres ó fin.
E por segunda vez eu recordei
Non sei disimular, dixen a verdade.
Os lobos en min, o malo de min.
Mentín dicindo que iría contigo ata a fin.
|
||||
5. |
Cinza
02:46
|
|||
Aspiro a convertir nun suspiro de mañá
olume que traguei esta noite ao soñar.
Espirse e camiñar cos brazos cruzados,
bágoas negras,
ti esperta e mirando a ventá.
Agardo co meu coitelo nos dentes,
acorda na viga, o vermello nos lentes.
Tremen as portas mentres caen os animais
no incandescente chan.
Desexo convertir nun suspiro de mañá
o lume que tragou esta noite o fogar.
Espirse e cavilar cos xeonllos mancados,
Bágoas negras
Ti esperta e mirando a ventá.
Cos brazos magoados,
Bágoas negras
No escuro e quente chan.
|
||||
6. |
Salto ao baleiro
03:50
|
|||
De seguida verán que
arrincarán o ceo
forzas do mal,
forzas do ben.
A cabalo entre a comedia e a estupidez,
forzas do mal,
forzas do mal.
E no alto unha bandeira
con dúas caras
feita por cores do ben
cores do ben
Axitando unha botella
con gritos de guerra
Queimar Israel.
Queimar Israel.
Dende a praza verán no alto
un salto ao baleiro.
Brilábanlle as costas durante a caída.
A mirada no horizonte,
a fronte erguida,
tomando o aire coma a copa de viño.
E seguindo o exemplo do vento
e os brazos movendo,
un fermoso día
un fermoso día.
Apagar a rabia con pedras como arma de guerra.
Queimar Israel
Queimar Israel.
|
||||
7. |
Serpes
03:23
|
|||
Agora é diferente,
non é o mesmo,
son ilóxicas as serpes.
Mastigas as historias
e cuspes os restos da memoria.
Feridas que minguan
pero o sangue corre agora igual que antes.
Aquí ou onde sexa
as aves voarán cara a outras partes.
Respiras a calma que arde
ea luz agoraé sombra.
Inhalas correntes
que te afastan da limpa claridade.
Feridas que minguan
pero o sangue corre agora igual que antes.
Aquí ou onde sexa
as aves voarán cara a outras partes.
|
||||
8. |
Néboa
02:36
|
|||
Recordan as noites que xogaban pola rúa.
Pasaron os anos como pedras, sen piedade.
A cama agardaba mentres brillaba a lúa,
xa non hai historias que contarse mutuamente.
Lonxanos
Adentro
As ondas
Os medos
O mar sempre foi un amigo mentireiro,
as ondas choraban e marchaban sempre rindo.
Catro anos pasaros da partida do pesqueiro;
as portas pechadas e a néboa pasenado.
Lonxanos
Adentro
As ondas
Os medos
|
||||
9. |
Nas Veigas
04:03
|
|||
Recién esperta saiu
con gañas de primavera,
pero ao fregar os ollos veu
que só era unha mañá calquera.
"Ensinareiche a maxia",
dixo mirando pra min.
E eu non puiden coa ansia,
e iso foi o derradeiro que vin.
A idea era descabelada,
andar cos mesmos andares,
buscar os limpos lugares
e atopar esa pequena illa branca.
Prados que non teñen fin,
templos carentes de deidades...
Bos e lonxanos aires.
Recién esperta saiu
con gañas de primavera,
pero ao fregar os ollos veu
que só era unha mañá calquera.
"Ensinareiche a maxia",
dixo mirando pra min...
Pero perdina nas veigas...
Perdina a ela tamén nas veigas.
|
Gancho Sanches GA, Spain
Banda galega de psycho-folk. Formada por Brais Sánchez (guitarras e voz principal), Matías Unruh (guitarra eléctrica), Iván Olmedo (batería) e André Espiñeira (guitarras, sintes e coros).
Streaming and Download help
If you like Gancho Sanches, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp